Un castelo para unha princesa

Este foi un encargo do que disfrutei desde o minuto 0. A forma na que me pediron que fixese esta tarta, a sorpresa que supuña, o interese por parte de quen fixo este tremendo presente… Todo foi especial. Espero que a agasalleada o disfrutase porque nós gozamos facéndoo!

frontalDa tarta pouco hai que engadir. Foi unha tarta para 20 persoas que se acabou convertindo nunha para 35. Absolutamente todo o castelo, torres incluídas, é de biscoito. E todas as decoracións, até a herba, e as pedras, son comestíbeis.

picadoOs dous andares centrais, que fan o corpo do castelo, son de biscoito de vainilla recheos de limonada rosa e o noso almíbar de xenxibre.

Aquí a homenaxeada

Aquí a homenaxeada

As torres, por outra banda, tiñan as súas peculiaridades. Case todos os castelos que vin por aí utilizaban para as torres rulos de pvc ou cartón cubertos de fondant, ou como moito RKT, pero como nós gostamos de que todo sexa comestíbel decidimos facé-las de biscoito.

Unha delas leva biscoito de chocolate con buttercream de oreo e ganaché de chocolate negro para cubrir. A outra é un red velvet con buttercream de limón. Así que en total a tarta tiña 3 sabores a elixir!!

Detalle dunha torre

Detalle dunha torre

contrapicadoE, tal e como nos pediron, todo en rosas e malvas… Espero que gostedes!

 

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s