Chegou o Nadal

Xa estamos no mes do Nadal. Familia, luces, amig@s, morriña, celebración, borrón e conta nova do ano que remata e boas intencións para o que comezará. E ademais de todo iso… moitos doces.

arbolPorque Decembro é, sobre todas as cousas, o mes en que as dietas de todo o ano deixan de cumprir efecto e tod@s nos dedicamos a encher a panza como é debido! E desde Petiscos12s querémosvos axudar a facélo coas mellores garantías!

Como ben sabedes este mes estamos celebrando a nosa posta en funcionamento real regalando galletas a todos os pedidos que sobrepasan os 15€. Mas como iso non nos parecia suficiente estamos sorteando unha tarta de nadal entre todas e todos os nosos seguidores de facebook.

A cousa non pode ser mais simples. Tan só tendes que pulsar neste enlace e seguir as instrucións para participar! Até o dia 15 segue activo o sorteo!

promoAdemais temos un surtido de Nadal espectacular. Sumadas ás nosas especialidades de todas as semanas, para estas festas podédesnos encargar…

– Bolachas (galletas) decoradas en tres sabores distintos (chocolate, laranxa e xenxibre). Tamén temos unhas caixiñas preciosas entre 5 e 15€ para regalar!- Tronco de nadal
– Canolis de marmelo
– Panettonnes
– Roscón de Reis
– Macaróns de turrón
– Nevaditos de limón
– Manteigados caseiros
– Turrón de chocolate caseiro
E moooooito mais

Xa estamos collendo pedidos, así que se tedes claro o que queredes, aquí estamos para que contedes con nós!

galletas4 galletas1

Panettonne

Panettonne

Advertisements

One thought on “Chegou o Nadal

  1. dexexo.vos,que pasades un bo nadal e que veña cheo de traballo e moitos moitos doces.Unha aperta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s