Onte estivemos de festa en “La Casuca” do Barco. O encargo era unha mesa doce, mais ben unha candy bar, para festexar o cumpreanos dunha preciosa pequena que celebraba os seus 3 aniños. O tema, claro, Peppa Pig!
Este Nadal foi moi importante para nós. Petiscos12s deu un importante paso adiante e todas e todos nos animastes moito nesta nova fase, confiando no noso traballo e dando o voso alento para que continuemos. Por todo iso sabíamos que vos debiamos agradecer toda a confianza depositada en nós. Ocorréusenos que o mais apropriado era darvos as grazas co que mellor se nos dá… Unha tarta.
Por iso sorteamos esta entre todas e todos os nosos seguidores de facebook para que @ agraciad@ poidese disfrutala en familia na noite do 24 de Decembro…
Aló polo 1 de Decembro fixemos esta tarta exprés encargada pola mañá e entregada pola tarde. O que se fai polas amigas!!!! Hehe. A pesares das presas o resultado gostou moito. A tarta era para Tina, que disfruta moitísimo coa xardinaría e a horta en xeral e que, ao tempo, é unha fanática das herbas medicinais. A idea estaba clara…