Peppa Pig

Para as que, coma min, nunca fumos boas coa plastilina, supón todo un reto tentar modelar con fondant personaxes que son absolutamente recoñecíbeis para todo o mundo. Neste caso encargáronnos unha tarta de Peppa Pig  e como nos encanta o risco decidimos modelar as figuriñas en 3D. Aquí parte do proceso…

Imaxe

Depois dunha interesante sucesión de ensaio e erro acabamos con este conxunto do que eu, persoalmente, gosto moito!

ImaxeFeito o mais complicado pasamos a cubrir a nosa tarta de crema de catro andares e 3 de recheo! Tartaza de 20 centímetros de diámetro e 8 de altura!

ImaxeMartina cumpría 3 aniños, así que lle puxemos un globo de fondant coa sua idade e un montón de flores de cores ademais de Peppa, George e o seu dino. Peppa tamén tiña o seu pastel de cumpreanos!!

ImaxeO último reto era  o transporte! A tarta ía para Ourense así que había certo medo no ambiente por ver como chegaria!! Perfecta!! Aquí empaquetadiña co globo fóra de sítio porque non collía na caixa!!!

ImaxeEsperamos que a disfrutasen moito!!

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s