Onte estivemos de festa en “La Casuca” do Barco. O encargo era unha mesa doce, mais ben unha candy bar, para festexar o cumpreanos dunha preciosa pequena que celebraba os seus 3 aniños. O tema, claro, Peppa Pig!
Ao final saíu unha mesa enorme na que nós nos ocupamos da decoración e de boa parte (que non todo) o contido! Acabou sendo tan grande ¡tan grande! que ao final houbo que poñer un anexo para acomodar a fonte de chocolate!
O grande luxo de facer esta mesa foi contar cunha nai que tiña moitísimas ganas de facer unha festa súper especial para a sua pequena Azahara!
No que ten a ver coa repostaria criativa, a mesa levaba galletas da Peppa Pig, cake pops de chocolate/nutella e de laranxa con crocanti de noces e crema de queixo. Tamén habia minicupcakes en catro sabores: limón/arándanos, red velvet, violetas e oreo!
Con todo o lío esquecimos sacar foto da megatarta de galleta e chocolate para 30 persoas! Un 50×50!! Decorada con toda a familia de Peppa para que os mais peques disfrutasen!! Pedazo despiste!!!
Good For You!!!! Important someone shed light on the subject matter. Tallulah Waylen Brittaney