Apple and Pear Pie

applepie1Uff!! Con tanta tarta de fondant por pouco esquezo cumprir a miña promesa e ensinarvos a receita de esta estupendísima pie de mazá e peras que fixemos fai un par de semanas! Antes de nada dicervos que este tipo de pasteis son, sen dúbida, os máis típicos dos Estados Unidos. A unha pie pódeselle meter case de todo, aínda que a máis clásica é, claramente, a de mazás.

O proceso de elaboración destes pasteis é realmente sinxelo, así que non hai excusas para non probalo na casa. O envoltorio está feito cunha masa quebrada que leva estes ingredientes:

INGREDIENTES DA MASA
– 325 gramos de fariña
– 230 gramos de manteiga sen sal moi fría cortada en dados
– 1 culleradiña de sal
– 1 culleradiña de azucre
– 65 ml de auga moi fría

As masas quebradas son moi pouco elaboradas, así que resultan moi simples de facer. Tamizamos a fariña co sal e o azuce nun recipente e incorporamos os dados de manteiga ben fríos. Aquí tendes a opción de amasalo un pouco coa amasadora ou ben ir esmagando a manteiga coa axuda dun garfo. A idea é que queza o menos posíbel para non quitarlle consistencia á masa.

Por último engadimos a auga e rematamos de darlle forma de bola coas mans. Non pasa nada se fican pequenos trozos de manteiga á vista. O dito, non ten de ser unha masa moi elaborada. Partimos en dous a nosa bola e envolvemos cada parte en film transparente. Metemos no frigo unha hora ou máis até que enfríe ben.

Amasando

Amasando

parte-inferiorPasado ese tempo sacamos unha das dúas metades e a extendemos cun rodelo sobre unha superficie con fariña. Colocámola nun molde redondo. Existen moldes específicos para pies pero eu usei un normal duns 22 centímetros de diámetro. Unha vez colocada unha parte da masa sobre o molde voltámolo meter no frigo.

INGREDIENTES DO RECHEO
– 6 mazás grandes (está mellor se mesturamos un par de clases)
– 60 gramos de azucre moreno
– 1 culleradiña de canela
– 1/2 culleradiña de noz moscada
– 1 pizca de sal
– 1 culleradiña de maicena
– 1 pouco de manteiga
É o momento de prequentar o forno a 220 grados. Nunha cunca metemos unhas 6 mazás grandes partidas en trozos. Como vos dixen eu mesturei mazás e peras porque era a froita que tiña na casa. Ás mazás engadímoslles o de azucre moreno, a canela e a de noz moscada, 1 culleradiña de maicena e unha pizca de sal. Removemos ben coas mans para que toda a froita fique untada coa mestura.

mazasMetemos a froita dentro do molde e engadímoslle unha améndoa de manteiga enriba. Cubrimos coa outra metade da masa sellando os bordes cunha gotiña de auga e abrindo un par de buratos para que saia o vapor.

mazaseperasAntes de meter a tarta no forno pintamos a superficie cun ovo batido e un pouco de leite para darlle máis color. Indroducímolo no forno xa prequentado a 220 grados e aos 15 minutos baixamos a temperatura a 190 grados. Deixámolo a esa temperatura uns 50 minutos. E lista para comer!!!! Asegúrovos que se proobades a facela repetiredes porque os olores (e os sabores) son espectaculares.

Para comela está máis rica morna e acompañada dun pouco de tona ou xelado de vainilla, pero fría tamén está estupenda.

UN CONSELLO
*A froita tende a soltar bastante líquido así que é interesante aproveitar os últimos 10 minutiños de cocción para poñer a tarta na parte mais baixa do forno. Así quedará perfecta!

Deixa un comentario