Unha tarta de cine

Foto 06-12-13 18 11 20Encántame esta tarta! Encántame a todos os niveis! Pola temática, polo sabor e polo resultado final. Como vedes xa ten algún tempo! Seguimos tentando poñernos ao día co blog depois da loucura do último mes!

Foto 06-12-13 18 10 54

O protagonista do evento

Seguir lendo

Advertisements

A botica de Tina

Foto 01-12-13 18 20 57Aló polo 1 de Decembro fixemos esta tarta exprés encargada pola mañá e entregada pola tarde. O que se fai polas amigas!!!! Hehe. A pesares das presas o resultado gostou moito. A tarta era para Tina, que disfruta moitísimo coa xardinaría e a horta en xeral e que, ao tempo, é unha fanática das herbas medicinais. A idea estaba clara…

Seguir lendo

De volta! e tarta patchwork

Teño tanto que vos contar que non sei nin por onde comezar. Esta mañá de luns (que se ten convertido no meu novo domingo) erguinme coa firme convición de poñer ao día este blog. A sorpresa chegou cando comecei a descargar fotos no computador e vin que teño… máis de 30 tartas atrasadas!!!! Iso sen contar con todas as novidades que vos quero ir explicando!! Por iso, se tendes un pouco de paciencia comigo, irei subindo aquí a maior parte das cousas que fixemos neste último mes, que non son poucas!!

Hai tantas e tantas tartas que quero ensinarvos que non sabía por cal decidirme para comezar. Ao final decidín que daba igual, que unha vai ir detrás de outra, así que me decantei por unha pequena tarta de cumpreanos que fixemos para o día 1 de Xaneiro e que a mín persoalmente me parece preciosa.

Imaxe

Seguir lendo