De volta! e tarta patchwork

Teño tanto que vos contar que non sei nin por onde comezar. Esta mañá de luns (que se ten convertido no meu novo domingo) erguinme coa firme convición de poñer ao día este blog. A sorpresa chegou cando comecei a descargar fotos no computador e vin que teño… máis de 30 tartas atrasadas!!!! Iso sen contar con todas as novidades que vos quero ir explicando!! Por iso, se tendes un pouco de paciencia comigo, irei subindo aquí a maior parte das cousas que fixemos neste último mes, que non son poucas!!

Hai tantas e tantas tartas que quero ensinarvos que non sabía por cal decidirme para comezar. Ao final decidín que daba igual, que unha vai ir detrás de outra, así que me decantei por unha pequena tarta de cumpreanos que fixemos para o día 1 de Xaneiro e que a mín persoalmente me parece preciosa.

Imaxe

Seguir lendo

Advertisements

Aló ven o gaiteiro

instagaita

Non teño palabras para dicervos cantísimo gosto desta tarta!! Foi un encargo precioso dunha rapaza para o seu irmán (obviamente gaiteiro) no seu 30 cumpreanos. Gostei do proceso de buscar o modelo, da incertidume de se seria capaz de levala adiante ou non e, sobre todo, da satisfacción do resultado final!!

Seguir lendo