Clásicos actualizados

Antes de nada quixera pedirvos perdón por ter o blog tan abandoado esta última semana, mas é sinal de que temos moito traballo!! Superadas as primeiras trabas administrativas xa estamos totalmente en marcha para montar o noso obradoiro de cociña e esperamos que para mediados do mes que vén todo estea xa en pé! Non sabedes a ilusión que nos fai esta aventura que comezamos!!

E dito isto (do que seguiremos a informar puntualmente) déixovos aquí unhas tartas que a mín persoalmente me fixeron moita ilusión. Como noutras ocasións anteriores son tartas de galleta das de casa, das de toda a vida, cos detalles en fondant. A ver que opinades!

Seguir lendo

Advertisements

Oreo caseiras

ImaxeComo o prometido é débeda aquí tedes cunha receita ben sinxela para que poidades facer na casa as vosas bolachas durante esta fin de semana de Setembro. Sairanvos unhas Oreo dun xeito moi rápido e obtendo uns resultados que sorprenderán a todos.

Se buscades na rede seguro que atopades un montón de receitas distintas para facer estas clásicas bolachas. En realidade son todas bastante similares mas con pequenas variacións que poden facer mudar considerabelmente o resultado…

Seguir lendo