Aló polo 1 de Decembro fixemos esta tarta exprés encargada pola mañá e entregada pola tarde. O que se fai polas amigas!!!! Hehe. A pesares das presas o resultado gostou moito. A tarta era para Tina, que disfruta moitísimo coa xardinaría e a horta en xeral e que, ao tempo, é unha fanática das herbas medicinais. A idea estaba clara…
A tarta ficou partida en dous. Dunha banda un libro de plantas, feito tamén en dúas capas de biscoito; e da outra, unha maceta enorme con algunhas plantas medicinais das que tanto gosta a Tina.
A tarta era de biscoito de chocolate e limonada rosa. Sobre a tarta, unha plantación con lavanda, menta e aloe vera. Todas feitas de fondant.
Advertisements