Aló ven o gaiteiro

instagaita

Non teño palabras para dicervos cantísimo gosto desta tarta!! Foi un encargo precioso dunha rapaza para o seu irmán (obviamente gaiteiro) no seu 30 cumpreanos. Gostei do proceso de buscar o modelo, da incertidume de se seria capaz de levala adiante ou non e, sobre todo, da satisfacción do resultado final!!

Hoxe estiven revisando o blog e vin que teño, cando menos, 10 entradas atrasadas! Teño feitas un montón de tartas que quixera ensinarvos con calma mas non me dan as horas do dia! A ver se atopo un ratiño e meto catro ou cinco de vez, porque asi non hai quen viva!! Hehe.

Pero a pesar da escaseza de tempo non podia deixar de publicar esta entrada porque, de verdade, estou namorada desta tarta! Ensínovos aquí o modelo de Seivane na que está inspirada. En realidade a gaita do homenaxeado ten algunhas variacións sobre esta, asi que entre unha e outra saquei o resultado final.gaitaseivanegaitafrenteA tarta está feita de biscoito red velvet e rechea cunha mousse de mascarpone moi suaviña. Como vedes non houbo problema para colocarlle o soprete, o punteiro e a ronqueta. O ronco xa foi outro cantar!!

Ao final optei por colocalo na base ao lado da tarta cos seus farrapos e todo. Espero que gostedes só unha décima parte do que gostei eu!gaitaoutra gaitafin

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s