Tarta Louboutin

Hoxe era o aniversário da miña irmá e nesta casa temos un problema. Adoramos a tarta de bolachas de toda a vida mas queria facer-lle algo especial neste dia a ela que é unha fan incondicional dos zapatos. Ao final, chegamos a un ponto intermedio!!

primeiroplanoEsta tarta tiña varias complicacións evidentes. Primeiro de nada foi a primeira vez que experimentei cubrindo con fondant unha tarta de bolacha. O resultado para mín é pasábel pero, desde logo, non se atinxe nin de lonxe a perfección na forma que che da un bon biscoito. Mas todo sexa por lle dar á xente o que quer… 🙂

tartaO segundo (e non menos importante) reto era o de facer un zapato en condicións. Tres semanas de distintos procesos de secado me levou este. Para seren o primeiro, creo que o resultado é bastante aceptábel!

Frontal do zapato

Frontal do zapato

E unha vista lateral…

Louboutin

Louboutin

E para que vexades que non engano, aqui un corte da tarta de galleta…

bolachaSobrar non sobrou nada, asi que exitazo total

Advertisements

One thought on “Tarta Louboutin

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s