Este foi un encargo do que disfrutei desde o minuto 0. A forma na que me pediron que fixese esta tarta, a sorpresa que supuña, o interese por parte de quen fixo este tremendo presente… Todo foi especial. Espero que a agasalleada o disfrutase porque nós gozamos facéndoo!
Arquivo por meses: Novembro 2013
Clásicos actualizados
Antes de nada quixera pedirvos perdón por ter o blog tan abandoado esta última semana, mas é sinal de que temos moito traballo!! Superadas as primeiras trabas administrativas xa estamos totalmente en marcha para montar o noso obradoiro de cociña e esperamos que para mediados do mes que vén todo estea xa en pé! Non sabedes a ilusión que nos fai esta aventura que comezamos!!
E dito isto (do que seguiremos a informar puntualmente) déixovos aquí unhas tartas que a mín persoalmente me fixeron moita ilusión. Como noutras ocasións anteriores son tartas de galleta das de casa, das de toda a vida, cos detalles en fondant. A ver que opinades!
Unha tarta con estilo
Tarta Louboutin
Hoxe era o aniversário da miña irmá e nesta casa temos un problema. Adoramos a tarta de bolachas de toda a vida mas queria facer-lle algo especial neste dia a ela que é unha fan incondicional dos zapatos. Ao final, chegamos a un ponto intermedio!!
Hello Kitty
Unha tarta lindísima para Daniela, que cumpría dous aniños e que é fan absoluta da gatiña mais linda do mundo infantil: Hello Kitty Seguir lendo