Hey, Mickey!

tartamickey

Esta tarta foi un reto grande porque Mickey Mouse é unha das personaxes máis recoñecíbeis do mundo infantil e tiña bastante medo por que ao final acabase sen se parecer en nada… Fiquei moooooooi contenta!

Aínda que está concebida para seren vista desde arriba aquí van fotos de distintos ángulos…

mickeyfrontal

Por diante…

tartalateral

De lado…

tartamickey2Como vedes nas fotos era unha tarta para Álvaro. Un neno espectacular que cumpre 3 aniños e contou con nós para a sua celebración… Parabéns!!!!!!!!!!

O PROCESO

Mickey sen orellas

Mickey sen orellas

A cariña de Mickey foi o que máis traballo nos levou. Está feita en cakepop de nutella e cuberta con fondant. Aquí, antes de colocarlle as orelliñas.

 

senmickey2 E aquí, a tarta sen Mickey. É un doce moi de tebeo, así que nos decantamos por unha auténtica “explosión” de fondant en azuis e vermellos. Que vos parece?senmickey1E o último, mas non menos importante, o traslado! Esta tarta marchou para A Coruña. É a viaxe máis longa que até a data fixo un dos nosos doces e queríamonos asegurar de que todo chegaba ben. Así que… Bon, digamos que o Mickey ía un pouco vendado.

mickey-vendado

Mickey con dor de moas

E… proba superada!!!!! Chegou ao destino sen problemas!!!

caixa

Advertisements

2 thoughts on “Hey, Mickey!

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s