Oreo caseiras

ImaxeComo o prometido é débeda aquí tedes cunha receita ben sinxela para que poidades facer na casa as vosas bolachas durante esta fin de semana de Setembro. Sairanvos unhas Oreo dun xeito moi rápido e obtendo uns resultados que sorprenderán a todos.

Se buscades na rede seguro que atopades un montón de receitas distintas para facer estas clásicas bolachas. En realidade son todas bastante similares mas con pequenas variacións que poden facer mudar considerabelmente o resultado…

Esta que aqui vos propoño non ten ningunha complicación e, como vos dixen, ofrece uns resultados realmente bons.

ImaxeAntes de nada dígovos os ingredientes para facer unhas 20/25 Oreo:

– 1 ovo L
– 70 gramos de manteiga sen sal a temperatura ambiente
– 165 gramos de fariña
– 90 gramos de cacao en pó sen azucre (tipo Valor)
– 1culleradiña de sal
– 100 gramos de azucre moreno
– 1/2 culleradiña de bicarbonato
– 1 culleradiña de extracto de vainilla

Para o recheo:
– 70 gramos de azucre glass tamizado
– 50 gramos de manteiga con sal
– 20 gramos de manteiga con sal
– 1/2 culleradiña de extracto de vainilla

Para preparalas mesturamos nunha cunca a fariña co cacao, o sal e o bicarbonato e tamizámolos reservándoos.

Noutra cunca batemos o ovo xunto coa manteiga a temperatura ambiente e o azucre moreno até que estean integrados. Engadimos o extracto de vainilla e batemos un minutiño máis.

Agora engadimos a mestura de ingredientes secos e batemos un pouco. Rematamos de amasar coas mans. No caso de que a mestura estea un pouco seca podedes engadir unha culleradiña de leite enteiro para rematar de integrar todo.

A bola de masaFacemos unha bola e deixámola reposar no frigorífico durante unha hora envolta en film transparente.

Pasado ese tempo poñemos a prequentar o forno a 175 grados e, mentres, estiramos a masa cun rodelo entre dúas follas de papel sulfurizado formando unha plancha duns 4 mm de grosor e cortamos co cortador de bolachas que teñamos escollido (neste caso cun redondo de 4 centímetros)

Colocamos as bolachas no forno forrado con papel e cociñamos durante 12 minutos. Ao sacalas extendémolas sobre unha grade para que enfríen e endurezan.

Oreo recheasPara facer o recheo batemos nunha cunca as manteigas co azucre glass até ter un buttercream consistente. Entón engadimos a vainilla e terminamos de bater. Cando as bolachas estean ben frías metemos 1/2 culleradiña de recheo no centro dunha e taparemos con outra até que fiquen ben unidas.

Estas Oreo consérvanse na neveira para que o recheo fique duriño como nas orixinais. Aí aguantaranvos uns 5 días se non as rematades antes!

Se queredes resultados máis profesionais podedes engadir un pouco de colorante negro á mestura das bolachas para que adquiran unha cor máis semellante á orixinal (estas das fotos non o levan). Tamén venden moldes de silicona específicos para facelas pero de verdade considero que non é necesario.

Aquí na casa temos un home deses de “non gosto do doce” que é quen de rematar unha fornada nun par de días… Non vos digo máis…

As nosas Oreo por dentro

As nosas Oreo por dentro

Advertisements

One thought on “Oreo caseiras

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s