Bundt cake de tona e azahar

Bunt cake de tona e azahar

Bunt cake de tona e azahar

Para inaugurar esta nova andadura blogueira nada mellor que algo tradicional. Un bon biscoito deses que acompañan como nada unha taza de café con leite pola mañá.

E se é algo tan tradicional e tan normal por que ten ese nome tan raro?

Antes de nada teriamos que explicar o que é un “bundt cake”. Non é mais que un biscoito de masa batida, que recebe o nome do tipo de molde no que se cociña, que se denomina bundt. Os bundt caracterízanse por teren forma de coroa de aristas moi marcadas (ainda que hoxe temos ducias de formas distinas) e dispor dun tubo central oco por onde pasa o aire quente durante o forneado. Hoxe hainos de un montón de marcas distintas, pero os máis clásicos e de máis calidade (tamén os máis caros) son os da marca estadounidense Nordic Ware.

Hai recetas especiais para este tipo de moldes e a mín encántame porque sempre saen uns biscoitos superesponxosos e con moita personalidade. Se queredes ver exactamente como se cociña un bundt cake ninguén mellor que El Rincón de Bea para explicárvolo. Asegúrovos que unha vez que empecedes non ides querer parar.

E dito isto, aquí vos deixo a receita do bundt de hoxe, que tuneei un pouco dunha que atopei na internet xa fai algún tempo…

Ingredientes:
– 3 ovos XL
– 200 gramos de fariña- 50 gramos de fariña de millo
– 2 culleradiñas de pó de levedar (tipo Royal)
– 300 ml de tona de montar
-1/2 culleradiña de sal
– 2 culleradiñas de aroma de azahar (na receita orixinal era de vainilla)

Preparación:
– Poñemos o forno a prequentar a 175º
– Engrasamos un molde bund con manteiga
– Nunha cunca tamizamos conxuntamente a fariña, a fariña de millo, o pó de levedar e o sal. Reservamos
– Por outra banda batemos a tona líquida até montala e reservámola tamén.
– Batemos os ovos a velocidade alta e cando leven 2 ou 3 minutos iremos engadindo o azucre a culleradas até que estea ben disolto e os ovos blanqueen e dobren o volume. Cando estea engadimos o aroma que nos guste e batemos un minutiño máis
– Engadimos pouco a pouco a mestura de fariñas e, cando xa non fiquen restos engadimos a tona montada tamén aos poucos até que se integre ben.
– Botamos a mestura sobre o molde e cunha espátula asegurámonos de que chegue a todos os espazos do bundt.
– Metemos no forno durante uns 40 minutos (até que ao pinchalo saia limpo)
– Por último deixámolo enfriar sobre una grade durante 10 minutos antes de desmoldar e deixalo enfriar completamente.

Este é o corte que ficará…

cortebundtE agora a disfrutalo. Dicirvos que na miña casa durou exactamente 45 minutos.

Espero que gostedes desta primeira receita e que vos animedes a facela porque é realmente fácil! E, claro, se non tendes un molde tipo bundt podédela facer tranquilamente nun molde normal vixiando os tempos de cocción, que han ser distintos…

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s